
No século XX poderiamos dicir que o cine independente é considerado como cine á marxe dos cartos das grandes productoras e distribuidoras de Los Ángeles. Se nos deixamos levar polo sentido teórico da afirmación feita anteriormente, o cine asiático ou euroepeo sería cine independente mais non é así. En certos países europeos como Alemaña, Italia ou o que máis, Francia, o presuposto do goberno a para o séptimo arte vai dende case os 200 millóns de euros ata case os 700 millóns (cifras de 2016). O Estado financia o cine xa que o considera de interés artístico e cultural. O problema xorde cando non todas as producións reciben estas subencións e e se se quere levar a cabo o proxecto débense buscar novas alternativas de financiación.
Unha nova forma de autofinanciación que se está a facer cada vez máis popular recibe o nome de crowdfundindg ou micromecenazgo. Esta novedosa maneira de obter financiación para as novas ou pequenas productoras consiste, según a Asociación Española de Crowdfunding (SCF), “nun sistema de cooperación que permite a calquera persona creadora de proxectos, reunir unha suma de diñeiro entre moitas persoas para apoiar unha determinada iniciativa empresarial, cultural, social ou deportiva”. O primeiro proxecto de crowdfunding da historia tivo lugar no 1997, cando Marillion, unha banda de rock británica, financiou a sua xira recadando arredor de 60.000 dolares a través de donacións online. En relación a isto temos un caso en España no 1989 o cal se podería considerar como o precursor do proxecto anterior. O grupo musical, Extremoduro, financiou o seu primeiro disco gracias a donacións de outras persoas polo que este método de financiación non é tan novo.
Segundo Valentí Acconcia, na súa «Guía basica del crowdfunding» podemos distinguir ata 5 tipos de crowdfunding ou micromecenazgo:


De recomprensa: é no cal se ofrece unha recompensa como contra-prestación das aportacións recibidas. Á persoa que aporta adoitaselle chamar mecenas (funder ou backer en inglés). É o modelo de micromecenazgo que lidera o mercado e o que se emprega principalmente nas produccións cinematográficas. As maiores plataformas a nivel internacional son Kickstarter e Indiegogo.
- De inversión: neste modelo ofrécese unha acción, unha participación ou un compromiso sobre beneficios da mesma, como contra-prestación das aportacións recibidas. Á persoa que aporta adoitaselle chamar inversor ou micro inversor.
- De préstamo: nesta modalidade ofrécese un tipo de interés sobre o diñeiro recibido como contra-prestación das aportacións recibidas. O tipo de interés é tamén chamado comunmente como “o precio do diñeiro” e neste caso o receptor da financiación debe devolver o diñeiro recibido máis un tipo de interés determinado.
- De donación: no crowdfunding de donación non hai contra-prestación as persoas que financian o proxecto. Os donantes do proxecto fano polo simple feito de ver o proxecto financiado debido a que adoitan ser proxectos solidarios ou humanitarios.
- De recompensa por donación: aquí ofrécense recompensas a cambio de fondos que foron donados para unha causa.
Hugo Serra podería ser un exemplo claro dun productor que empregou este sistema para a produción dalgunhas das súas obras e de feito creou unha distribuidora española (#ConUnPack) especializada en cine «realmente independiente». Ademais diso tamén levou a cabo unha curtometraxe chamada «Baratometrajes 2.0» na que explica xunto con outros compañeiros que <<En España no es realista producir nada únicamente mediante crowdfunding>>
En España gozamos dun nivel de aceptación alto do micromecenazgo aínda que polo momento non haxa unha confianza total das plataformas online. Entre o ano 2013 e 2016 foron os anos con máis auxe en internet de proxectos financiados a través de este sistema; no 2010 o investimento que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fixo ás productoras audiovisuais foi de 92,4 millóns de euros, reducíndose esta cifra ata os 36,9 millóns no 2013. Destas cantidades millonarias, so o 7,38 por 100 vai destinado para o “apoio a la incorporación de novos talentos”, é dicir, un apoio reducido a quen máis o precisa, pequenas productoras emerxentes.

Que período de tempo é a actualidade: podería ser o ano pasado e podería ser dentro de dous anos… é o tempo sería distinto. Hai que especificar: ano ou década, por exemplo. Na actualidade ou sempre se considerou o independente afastado das grandes produtoras¡ Que gobernos financian o cine nun sistema capitalista, a que gobernos lles preocupa tanto a cultura como para pagar dos presupostos os filmes¡ Segundo quen hai 5 tipos de crowdfunding ou micromecenazgo? E cal deles se utiliza no cine? Que directores ou produtores españoles usaron este sistema? E como Extremoduro conseguiron os cartos en 1989, tendo en contra que do crowdfunding se empeza a falar en 1997? E as plataformas que se dedican a isto? O título é produción, distribución e exhibición e para nada se fala de cine na entrada.
https://laflecha.net/historia-del-crowdfunding/ (aquí se fala dunha película francesa¡)
https://www.elconfidencial.com/tecnologia/2014-06-06/los-diez-proyectos-de-crowdfunding-que-mas-dinero-han-recaudado-en-espana_142023/ (aqui se fala dunha película español¡)
https://www.rockfm.fm/anecdotas/noticias/dia-que-extremoduro-convirtieron-pioneros-del-crowdfunding-20190811_476757 (aquí se fala de Extremoduro¡)
https://www.lavanguardia.com/cine/20140324/54403857361/crowdfunding-crisis-financiacion-cine.html
https://produccionaudiovisual.com/produccion-cine/espana-no-realista-producir-nada-unicamente-mediante-crowdfunding/
https://www.elespanol.com/cultura/cine/20180118/pelicula-quiso-revolucionar-espanol-acabo-juicio-gobierno/277972877_0.html
https://core.ac.uk/download/pdf/38816893.pdf (Autofinanciación y crowdfunding: Nuevas vías de producción, distribución y exhibición del cine español independiente tras la crisis financiera española¡ é como o título da entrada¡). Falta documentación na proposta.
Me gustaMe gusta