En 1920 estréase en Alemaña a película Das Kabinett des Doktor Caligari (“El gabinete del doctor Caligari”), o primeiro e máis emblemático filme do expresionismo alemán.
A película foi dirixida por Robert Wiene, inda que orixinalmente era un proxecto que realizaría Fritz Lang (Metrópolis). Así, a formación teatral de Wiene foi decisiva para moitos aspectos da película, especialmente a utilización de decorados pintados polos artistas Hermann Warm, Walter Röhrig e Walter Reimann, que dotan á película da estética única e irreal que todos coñecemos.
Esta estética expresionista quería representar ó mundo non tal como se ve; pero si como se sente: os decorados aparecen deformados, esaxerados, domina o claroscuro, os personaxes teñen unha maquillaxe extravagante…
O reparto principal está formado por Werner Krauss, Lil Dagover, Hans Heinrich Von Twardowski, Friedrich Feher e Conrad Veidt.

El gabinete del doctor Caligari é o primeiro gran filme de terror, que contén á súa vez unha critica hacia o autoritarismo militar que viña por parte do goberno alemán da época. Así, grazas a obras como o libro De Caligari a Hitler: una historia psicológica del cine alemán, de Siegfried Kracauer, vemos como Wiene e os guionistas da película, Carl Mayer e Hans janowitz, previron o ascenso do partido nazi e os fascismos europeos.

Sen dúbida, este é un filme imprescindible e de cultura popular que marcou varias xeracións.
