3 comentarios sobre “Evolución cibernética

  1. Penso que nos documentos do campus hai algúns datos concretos que resolverían aspectos como funcionamento e trazos… que son relevantes como os protocolos e os estándares que, ademais, levan nomes incorporados.
    Penso que lle falta unha introdución. Lembremos aquel esquema de como organizar un texto, estrutura sinxela que poderíamos recuperar.
    No apartado películas, cancións… habería que facer unha pequena ficha técnica, importante; datos como quen, cando, onde, como e por que son esenciais para situar as achegas. e incluso poderíamos incorporar unha cita.
    Interesantes as achegas: a de arte, bastante completa; o resto necesitaría algo máis de precisión. As emocións humanas son algoritmos, unha fórmula matemática é un algoritmo… Hai aspectos que non quedan claros.
    Por que a táboa está en español e galego?

    Me gusta

  2. O blog parece coidado. O corpo do texto moi aceptable e co mesmo estilo.
    Os titulares poderían ser algo máis pequenos para que non se desdoblaran en varias liñas.
    As imaxes poderían ser tamén algo máis pequena para facer algo máis doado o acceso aos contidos.
    Pero funciona.

    Me gusta

  3. Faltan fontes… Só aparece na achega de arte unha… Non pode ser.
    Evidentemente os documentos do campus non hai que mencionalos… pero había que buscar outras fontes…

    Me gusta

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar