Un polímero é un composto químico cuxas moleculas están formadas por cadeas nas que se repite unha unidade básica. Hermann Staudinger, foi un químico alemán galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1953 e no 1920 sentou as bases da polimerización e do termo macromolécula. Este fixo varias observacións e probas con materiais poliméricos e propón a primeira teoría sobre a composición dos polímeros expoñendo como se forman as macromoléculas determinando a sua estructura e estudando a sua síntese. Contribuiu ao desenvolvemento dos plásticos ao demostrar a natureza destas unións e estableceu a relación entre o peso molecular e a viscosidade.

Cada polímero ten unhas propiedades determinadas e segundo se adecuen ao material que precisemos, escolleremos un polímero ou outro. Entre as propiedades máis buscadas dun polímero destacan: elasticidade, reflectante, resistencia, dureza, fraxilidade, opacidade, transparencia ou translucidez, maleabilidade, aislante… de acordo coa sua orixe, os polímeros poden ser naturais ou sintéticos. Os naturais son os que están presentes na na natureza (proteínas, ADN, quitina…) e os sintéticos prodúcense de maneira industrial (poliéster, PVC, nailon…) os polímeros naturais que máis presencia teñen na nosa vida diaria son aqueles tales como o algodón (que se forma a partir da celulosa), seda (emprégase na confeción de tecidos de gran calidade), hule (obtido das árbores de hevea), lá… un dos polímeros sintéticos máis coñecidos é o plástico. Sen dúbida, aínda que o século XX se poida definir de moitas maneiras, tamén podemos dicir que é a época dos plásticos. As infinitas aplicación que teñen os polímeros na nosa vida van dende aislantes térmicos das nosas vivendas ata envases para os alimentos, pasando por prendas de roupa, revestimentos dos automóviles, mobiliario, equipamento deportivo… todas estas aplicacións dependen do tipo de polímero que empregemos, por exemplo, a roupa que levamos posta, seguramente esté fabricada cunha mezcla de poliéster e poliamidas (nacemento do Nylon) dentro dos usos do nylon podemos destacar a fabricación de cadeiras, medias, globos, mochilas… outro exemplo destacado dun polímero natural sería o caucho, este ten algunhas propiedades non desexables como que é demasiado deformable ou quebradizo pero caracterízase polas súas múltiples aplicacións: neumáticos dos automóviles, luvas de uso hixiénico, algún tipo de calzado deportivo…
Os polímeros están presentes en prácticamente todos os ámbitos das nosas vidas, dende o colchón no cal nos despertamos pola mañá ata o sofá no que nos tumbamos para cear. Foron un descubrimento que sen lugar a dúbidas cambiou a vida das persoas co seu infinito e flexible abano de utilidades.
losadhesivos.com. Polimeros – definición y clasificación. [consulta: 27 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://www.losadhesivos.com/definicion-de-polimero.html
Polímeros y personas. La ciencia explica los polímeros. [consulta: 19 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://www7.nationalacademies.org/spanishbeyonddiscovery/bio_008231-03.html
Europeana collections. Biblioteca dixital europea. [base de datos dixital]. [connsulta: 16 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://www.europeana.eu/portal/es

Hermann Staudinger, quen é? Hai que identificar a súa relación co polímero¡ Darlle algo de relevancia ás aplicacións, xa que o aspecto máis técnico tampouco axuda si non o relacionamos. E usar algunha imaxe tampouco sería un grave conflicto.
Fontes nun único listado e están incorrectas. Hai que usar os documentos de traballo, para iso están.
https://educacionquimica.wordpress.com/2014/04/30/algunas-aplicaciones-de-los-polimeros/
Me gustaMe gusta