100 anos de distopía e nihilismo

Rondaba a década dos anos 20, no século XX. A humanidade sofre os devastadores efectos da primeira Guerra Mundial, daquela aínda coñecida como »a Gran Guerra». Nos EEUU teñen lugar os denominados »felices anos 20», unha época de prosperidade económica que remataría co crack do 29; na zona oriental comeza a xestarse a URSS, tras unha serie de revolucións sociais, que deron pé ao primeiro réxime socialista da historia.

Porén, no ámbito literario tería lugar o nacemento de dúas personalidades importantes do século XX: Ray Bradbury, un dos expoñentes de ciencia ficción distópica máis importantes; e Charles Bukowski, representante do »realismo sucio», considerado o último escritor »maldito» norteamericano.

Ray Bradbury (Waukenaun, Illinois, 1920 – Los Ángeles, California, 2012) foi un novelista e contacontos de procedencia estadounidense. Súa andaina no mundo da literatura comezou coa lectura dos contos de Edgar Allan Poe por parte da súa tía Neva, coñecida no pobo como »a louca das cabazas». Deste xeito, Bradbury comezou a escribir dende neno, e viu publicada súa primeira historia nunha revista no 1938. Catro anos máis tarde, deixaría seu traballo de vendedor de periódicos e vería publicada súa primeira composición: The Lake (1942). Porén, súa fama comezou coa publicación de Crónicas Marcianas (1950), un libro de ciencia ficción no que se presenta un futuro dominado polos medios tecnolóxicos a través da conquista de Marte por parte dos terrícolas. A súa novela máis importante vería a luz, tres anos máis tarde, Fahrenheit 451 (1953), na que trata o control dos medios de comunicación sobre a sociedade, afundida no conformismo. A novela foi adaptada ao cine posteriormente por François Truffaut. Tamén escribiría guións para series e películas, como é o caso da colaboración con John Huston para a realización da película Moby Dick. Publicou tamén algunha obra poética e ensaio.

Súa obra narrativa, ámbito máis prolífico do autor dentro da súa literatura, reúne unha serie de características particulares. Ao falar da narrativa bradburyana, destacamos unha prosa de carácter universal. Isto é, non pretende afondar nun xénero determinado (aínda que é un autor destacado dentro da literatura de ficción), senón que escribe sobre a condición humana a través dun filtro poético, mostrando unha »angustia metafísica» nun ton poético e romántico. Bradbury considérase a si mesmo como un »contacontos con propósitos morais», malia isto, podemos encadrar súa literatura dentro do »realismo épico», aínda que nunca definiu súa obra deste xeito.

Charles Bukowski (Andernach, Alemania 16 de agosto de 1920-San Pedro, Los Ángeles, 9 de marzo de 1994), nacido como Heinrich Karl Bukowski, foi un poeta e escritor alemán, nacionalizado nos EEUU posteriormente. Súa literatura encádrase dentro do realismo sucio, que consiste na redución do relato curto aos seus elementos fundamentais, presentando personaxes retratados como seres vulgares e correntes con vidas caracterizadas polo común. O espazo temático común da súa obra é a atmosfera de Los Ángeles.

Nos seus primeiros anos, a súa familia emigra aos EEUU debido a crise económica existente en Alemania. A relación co seu pai resulta complicada, temática recorrente na súa literatura. Xa nos seus primeiros anos comeza a escribir, porén abandona este hábito durante unha década. Foi en 1957, tras sufrir unha úlcera sangrante moi grave, que comeza a escribir poesía, á vez que a súa vida decae no alcoholismo. Deixará seu traballo para adicarse profesionalmente á escritura a través da editorial Black Sparrow Press. Nesta editorial publica algunha das súas obras máis coñecidas coma: El cartero (1971), Escritos de un viejo indecente (1969) e Música de cañerías (1983). Bukowski falece no 1994 por leucemia, caracterizándose por ser un ícono da decadencia estadounidense e a representación nihilista posterior á 2ª Guerra Mundial; é dicir, un home sen ambición e compromiso, sendo o seu maior obxectivo vital unha nova intoxicación etílica.

Polo tanto, podemos comprobar como estos dous homes influíron na literatura do século XX, a pesar de presentar unhas diferencias morais ben diferenciadas. Ambos expresan unha desazón polo mundo, en Bradbury represéntase a través de realidades distópicas; mentras que Bukowski demostráa na súa obra como tema importante, e tamén na propia moral, de carácter nihilista.

BIBLIOGRAFÍA / REFERENCIAS

BIOGRAFÍA Y VIDAS. Biografía de Ray Bradbury [consulta: 25 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bradbury.htm

LITERATURASM. Ray Bradbury [consulta: 25 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://es.literaturasm.com/autor/ray-bradbury#gref

WIKIPEDIA. Ray Bradbury [consulta: 25 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Ray_Bradbury

WIKIPEDIA. Charles Bukowski [consulta: 25 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Bukowski

WIKIPEDIA. Realismo sucio [consulta: 25 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Realismo_sucio

ANAGRAMA. Bukowski, Charles [consulta: 25 de febreiro 2020]. Dispoñible en: https://www.anagrama-ed.es/autor/bukowski-charles-177

MUY INTERESANTE. 7 citas famosas de Charles Bukowski [consulta: 25 de febreiro]. Dispoñible: https://www.muyinteresante.es/cultura/arte-cultura/articulo/7-frases-de-charles-bukowski-711408038448

Un comentario en “100 anos de distopía e nihilismo

  1. Boa elección. Representan historias diferentes, pero aquí si sería necesario algunha cita que identificara e argumentara o distópico (control dos individuos e provocar incendios para queimar de libros) e o nihilista. Penso que ao ser dous escritores necesitamos opinións dalgúns críticos que corroboren o noso punto de vista. Pero está ben a proposta. Clara.
    Fontes, único listado. Biografías y vidas ten autoría e hai que indicar os autores que realizan as biografías, incorrecta.
    LITERATURASM.COM
    Penso que en google académico e en dialnet, por exemplo podemos atopar análises dos dous autores e non so quedarnos con wikipedia. Hai que buscar fontes orixinais e que identifiquen os pormenores dos feitos e de personaxes.

    Me gusta

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar