Á hora de falar sobre o comunismo en Australia debemos ter en conta que temos que atender a dous camiños. Por unha banda o 31 de outubro de 1920 en Sydney, un clerigo, sindicalista e político australiano chamado Jock Garden, fundou o Partido Comunista de Australia (CPA) . E por outra banda está o Partido Comunista de Australia fundado no 1971 como Partido Socialista de Australia (SPA) por antigos membros do CPA, sendo este o partido que segue vivo na actualidade.

Nos seus primeiros anos, a través dos esforzos de Garden, o partido alcanzou gran influencia pero a mediados da década dos anos 20 habíase reducido a un pequeno grupo de simpatizantes coa causa. A pesar do seu papel secundario, o Partido Comunista tiña unha influencia que ía moito máis alá dos números. Ocupou postos de direción nunha serie de sindicatos importantes e estaban no centro de moitas dos principales conflictos industriais. En certo modo, as reacións negativas ao Partido Comunista foron máis importantes que calquera cousa que o partido fixera anteriormente. Moitos dos seus membros e integrantes principais xogaron papeis destacados na vida cultural australiana, como os novelistas Judah Waten ou o poeta David Martin. Este partido e os seus membros fixeron campaña durante moitos anos para loitar por mellorar as condicións para os traballadores industriais, oposición a dictaduras fascistas, igualdade de dereitos para a muller e dereitos civís para os aboríxenes, entre outros moitos. Tempo despois produciuse unha afiliación por parte do CPA co Partido Comunista de Nueva Zelanda e Garden e outros membros foron expulsados do partido. No 1929 produciuse un cambio na direción do partido debido debido á aparición da Internacional Comunista. Nos seguintes 30 anos o partido experimentou un certo crecemento xa que comezou a ir en contra do fascismo e apoiar os paises comunistas que lle facían frente. Desta maneira, no fin da II Guerra mundial, «Australia declarou a guerra á alemania nazi para invadir Polonia». Xa rematada a II Guerra mundial, o CPA entrou nunha depresión constante debido á nova línea de Moscú (acordo fronteirizo entre Polonia e a Unión Soviética) e o inicio da Guerra Fría.
Esta continua depresión rematou coa disolución do partido no 1991 e deu lugar ao Partido Nueva Izquierda que foi creado co obxectivo de aumentar os apoios pero ocorreu o contrario e disolveuse no 92.
COLABORADORES DE WIKIPEDIA. Partido Comunista de Australia – Communist Party of Australia. Wikipedia, La enciclopedia libre. [consulta: 26/27 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://es.qwe.wiki/wiki/Communist_Party_of_Australia
GARDEN, Jock. [imaxe dixital] ALCHETRON. Free Social Encyclopedia for the World. 2018. [consulta: 26 febreiro 2020]. Dispoñible en: https://alchetron.com/Jock-Garden



